Negra Sombra

Amancio Prada
앨범 : Canto A Galicia
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

관련 가사

가수 노래제목
Amancio Prada Paseniño, paseniño
Amancio Prada Adios Rios, Adios Fontes
Amancio Prada Campanas De Bastabales
Amancio Prada A Xusticia Pola Man
Amancio Prada Por Una Senda
Scotch (스카치) Prada
남결, polygoat Prada
Eryn Martin PRADA
Se.A (세아) Prada
Madredeus A Sombra




가사 수정 / 삭제

댓글목록

등록된 댓글이 없습니다.